Nunha urna.
Abrín os ollos e alí estaba. Tendida en medio de flores e máis flores, nun vestido de tecido esbrancuxado e rexo e basto.
Sen eu sabelo, de socate era unha peza de exposición en calquera museo do mundo.
Nin te imaxinas a expectación que todo isto de morrer-sen-morrer crea. A ringleira de curiosas e curiosos chegaba máis alá de onde, nesa forzada posición (o corpo teso, a noca ríxida na almofada, as mans cos dedos entrelazados arredor da variña de lirios brancos), alcanzaba a percibir coa vista.
Tomei aire e exhalei tan fondo como puiden, e o vidro embafouse.
Pero, sorprendentemente, non quixen berrar.
Soa.- Gnossiene nº1, E. Satie
Delicioso inicio, me bella ami!
ResponderEliminarDelicioso inicio, me bella ami!
ResponderEliminarComezamos! :)
ResponderEliminar