Tamén, Bela, é claro que, nesas circunstancias, resultou ben difícil conservar certas rutinas e amizades que se foron desprendendo da miña vida como unha finísima capa de pel: perdido o contacto diario e rotas as agullas, quedei espida deles.
Nin sequera se preguntaron (as persoas, obviamente, os obxectos e os hábitos non) que fora do meu paradoiro, ou se realmente seguía viva.
Unha pequena espiral de fume que se mesturou no vapor de éter polas regandixas da urna.
Quixen preguntarme o porque deste abandono, do meu exilio forzoso da memoria deles, dese ostracismo dentro do novo exoesqueleto. Invertín nesas reflexións unha hora, logo un día, despois outro e outro, ata completar unha semana enteira.
E deixei de facelo.
Ao fin, eu non era, senon, (por aquel tempo) pouco máis que unha entretida forma de pasar a tarde para os que golpeaban co dedo no vidro, por ver se nalgún intre e por algún tipo de miragre, abría de novo os ollos e espertaba.
Sona.- The ghost who walks, de Karen Elson
Ningún comentario:
Publicar un comentario